Quén somos

A Asociación Folclórica Cultural é unha entidade sen ánimo de lucro e que se atopa rexistrada na Xunta de Galicia co número:

Historia

O grupo de baile tradicional “Asubío” comeza a súa andaína no ano 2004. As/os súas/seus  compoñentes levan adicándose á danza tradicional dende idades moi cativas.

A maior parte delas/es encetaron a súa formación na Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, baixo as ordes do seu director: Wenceslao Cabezas “Polo”.

No ano 2004 comezan o seu camiño en solitario dándose a coñecer como grupo de baile “Asubío”, colaborando coa “AA.VV. Val do Fragoso” de Vigo, onde recibiron clases da profesora Clara Mª Cabezas. Neste anos fóronse incorporando novas/os integrantes ao grupo.

Pasados catro anos, deciden desvincularse desta asociación e comezan unha nova viaxe constituíndose como “Asociación Folclórica Cultural Asubío”, participando activamente coa “Asociación Veciñal Rosalía de Castro da Salgueira” de Vigo.

Desde ese momento, abril de 2008, o grupo está baixo a dirección artística de Alexandre Fernández Castro, con fama de bo percusionista e bailarín, acehegando a nosa asociación un amplo curriculum:

– Dirección del grupo “Inquedanzas” de Tui.

– Dirección del grupo “Pontenova” de Salvaterra.

– Profesor de percusión en el conservatorio Mayeusis de Vigo.

– Xuíz de percusión pola Federación Galega de Bandas de Gaitas.

– Profesor de seminarios de baile por todo o mundo a través da Xunta de Galicia.

– Dirección da Rondalla Helios de Bembrive, gañadora do Concurso de Rondallas de Vigo durante catro años consecutivos.

Desde a súa chegada, Asubío participou en diferentes eventos internacionais como o Festival Folclórico de Avelar (Portugal); nacionais como a súa colaboración coa Orquesta Olimpus de Negreira, axudándolles a acadar o Record Guiness de máis de 24 horas de música en directo e o Día de Galicia en Madrid; e festas locais como o día da Muiñeira en Vigo, San Xoán e Magostos, por distintas áreas da comarca.

Asubío tamén forma parte anualmente da conmemoración da Reconquista de Vigo, tanto musical coma gastronómicamente.

Na actualidade o grupo conta con 30 compoñentes, aproximadamente, entre bailaríns e músicos, con un repertorio coreográfico de muiñeiras, xotas e pandeiretadas, así coma tamén pasodobres, rumbas e polcas, sendo o seu principal obxectivo: “A difusión da cultura tradicional galega”.

Organización non lucrativa para a promoción e difusión da cultura e baile galegas